sábado, 19 de marzo de 2011

AIRE NEGRO
A historia fala de un psiquiatra
chamado Víctor Moldes, quen, tres
anos despois de ocorridos os feitos,
narra os feitos que o empuxaron a
abandonar a súa profesión e que o
obrigan a vivir nunha infelicidade
permanente. Cando o doutor
Moldes comeza a traballar na
clínica psiquiátrica Beira Verde,
ocúpase de Laura Novo, unha
muller con a memoria borrada a
quen ninguén ata ese momento
conseguir axudar. Laura pasa o día
enteiro escribindo o seu nome. O
doutor conseguirá achegarse a ela
utilizando unha terapia innovadora
baseada na lectura e é así como
Laura recorda todo o que lle
sucedeu nos meses anteriores
dende que sentiu a presencia dunha
escura sombra na súa vida.
Utilizando o seu gusto pola
escritura, o doutor le propón que
escriba todo o que recorde. Laura
empeza a contar en primeira persoa
todos os feitos que veñen á súa
memoria. Deste xeito imos
coñecendo os espacios da súa vida
comezando por Madrid, lugar do
fracaso da súa relación sentimental
con Miguel e tamén a súa
necesidade dunha viaxe de fuxida
que a conduce, case por azar e tras
atopar información en Internet
sobre o turismo rural en Galicia, á
Casa Grande de Lanzós e a Carlos
Varcárcel, un nome que evoca de
súpeto moitas lembranzas do
pasado asociadas á súa
adolescencia na Coruña, onde viviu
despois de se trasladar alí coa súa
familia dende Pontedeume, o seu
lugar de nacemento. Este tempo de
adolescencia vén marcado polo seu
paso polo instituto e polo seu
namoramento do seu profesor de
historia, Carlos Valcárcel. Un novo
traslado de seu pai afástaa da
Coruña e tamén de Carlos. De aí que
Lanzós supoña para Laura, ademais
do reencontro con Galicia, a
posibilidade de retomar o contacto
con Carlos e de conseguir a
tranquilización consigo mesma
rodeada da natureza, despois de
tantos anos de vida na cidade. Pero
tamén supón o encontro con as
supersticións rurais da man de
Moncho, o caseiro da casa rural, que
nacen a causa do seu aspecto
atractivo e da cor roxa do seu pelo e
xiran ó redor da idea da existencia
da porta do inferno nos montes de
San Simón, onde segundo as
crenzas populares dorme a Gran
Besta que Laura podería espertar
coa súa presencia. Depois do medo
sentido, Laura volve a Madrid e
descobre o contraste entre a paz e
o illamento da casa rural e a
animación da cidade e das suas rúas
no Nadal. Alí rompe
definitivamente con Miguel e volve
a Lanzós onde continúan as suas
teimas ata chegar a unha neurose
obsesiva que supón o clímax do
relato, marcado por un aumento da
tensión narrativa e a presencia de
elementos ó redor do terror. O
doutor Moldes,trala lectura da
historia de Laura, intenta seguir
axudala e atopar respostas que
completen os espazos vacíos da
memoria. Procurando información
reconstrúe a viaxe da rapaza dende
Vilalba á aldeã de Lanzós, percorre
San Simón e a Cova de Fornos e
acode despois a Porto, cidade na
que vive Carlos, quen abandonou
Lanzós para estar preto de Laura
mesmo sen que ela o soubese. Mais
sen querer, os acontecementos
devalan cara ó misterio e Laura
desaparece sen que o mesmo
doutor Moldes poida atopar unha
explicación lóxica.